https://www.facebook.com/events/265169243654268/?fref=ts
Os concertos de Koroiev estaban a espaciarse moito no tempo e no espacio. Os outros grupos esixián o seu. Pero parece, e está sendo así, que esta primaveira estou por invertir toda a enerxía nos Koro-proxectos. Korokati e Koroiev.
A presentación do libro-disco «Kara» de WHY GO en Santiago de Compostela será o contexto musical e narrativo ideal para a volta de Koroiev a un escenario. Veño tamén con presentación. So terei tempo de tocar dous temas. Os dous primeiros da nova grabación. Si, hay unha nova grabación. Máis longo e con temas novos.
Para o concerto estou preparando uns 40 minutos (ese día os protas son Why Go). Tempo suficiente para desenrolar a nova forma, as novas secuencias, os novos textos de «Kostia Bogomov», a fábula sobre un soldadiño que se adentra na profundidade dun bosque a que lle levo dado voltas e voltas estes últimos dous anos. Mutou e mutou. Un exercicio de escritura musical para o que creo estar atopando un final de ciclo.
Será especial. Logo, terei que atopar un momento, tamén espacial e temporal, para desenrolalo enteiro, contalo todo. Todo Bogomov de golpe. Xa se andará. Todo son desexos….de momento a ensaiar para o día 1. O día primeiro. Nunca mellor dito.
Grazas WHY GO!!