«La puerta excavadora» é a nova sintonía do programa musical «Fantasma Accidental» de José Lemur, gran amigo que está coidando de que unha parte importante da música galega teña o seu oco e a súa visibilización nas ondas.
O programa emítese na radio comunitaria CUAC FM
Retornamos ás ondas e presentamos a nosa III tempada na Cuac FM. Estreamos imaxe e sintonía. Aymará Ghiglione é a autora da imaxe e Roberto Casteleiro «Korokati» adaptou o seu tema La Puerta Excavadora para a cabeceira do programa. Estamos moi agradecidos!
Presentamos unha compilación de músicas que comezan coa poética beat de Carlos Oroza na compaña de Jay, a experiencia e a xuventude man a mano na reinterpretación da poesía do viveirense. Escoitamos o single que edita Seara Records xunto a Editorial Elvira.
Esta tempada está dedicada a memoria de Francisco Dotras Lamberti, que faleceu o 13 de setembro deste ano. Foi un moi querido compañeiro da Cuac FM e o botaremos de menos.
A parte principal do programa está centrada no primeiro disco de Cuchillo de Fuego editado por Amawisca (xunto a Chingaste La Confianza, Existencia e El Morro de Alf
Ver la entrada original 245 palabras más