Ola!! subin ao youtube o montaxe completo do disco de Korokati , que como sabedes lle din unha super volta (http://korokati.bandcamp.com). Vai coas proxeccións que empreguei nos últimos bolos. Un montaxe de documentais, películas varias, videos de youtube, manifestacións, desafiuzamentos, robots, robocops,….. Se viñestes a algún concerto, notaredes algunha secuencia nova. Sigue a emocionarme moitísimo o momento vivido no desafiuzamento de Aurelia, que aquí se combina co segundo tema.
Atrevédevos a velo enteiro na era polidistracción….ou era poliatención??, a min atrápame bastante.