Cousas de Koroiev 2020/1. Concurso Narf e concertos.

Ola. Hai que dicir a verdade, foi vir a pandemia e desconecteime de todo, de todo de verdade, o tema do blog, as redes,… e pasaron un montón de cousas. Fixen o mínimo, compartir as fotos que sacou alguén, algún retuit, … Moi mal para o proxecto, moi ben para a miña saúde mental.

Pois ben, o último que contei era o tema de ser finalista dos Premios Martin Códax. De ahí non pasou. No mesmo ano tamén fun finalista do Concurso Fran Perez Narf da Deputación da Coruña. Houbo unha final no teatro Colón e quedei de segundo. Cousa que para un proxecto como o meu é todo un mérito. Pero estou seguro que se debe a que o directo dos temas de «Valverde» é bastante potente e soe pillar por sorpresa, xa que para a 99% do público eu saio literalmente «de la nada» diante dos seus ollos (mais ben orellas). Penso ademáis que logo de algo máis de 10 anos tocando en directo, xa aprendin a facelo medianamente ben.

A verdade é que foi moi emocionante e para min un recoñecemento ao meu traballo como Koroiev.

Quedar de segunda tivo como consecuencia ter tres concertos mediados pola deputación. Foron a finais do 2021, na feira Culturgal (novembro) e nos festivaisl Melona (septembro) en Santiago de Compostela e no Fanzine da Coruña (decembro).

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: