Manuel María. De oficio poeta

Este ano tiven a incrible oportunidade de participar como músico en accións e actos que reivindicaron a figura de Manuel María.

http://www.manuelmariasomosnos.gal/

“Manuel María é un dos poetas máis importantes da literatura galega contemporánea e un referente para as xeracións máis novas. Tamén libreiro e editor, foi persoa comprometida co noso país, lingüística, cultural, social e politicamente.
A mellor maneira de celebrar a súa obra é actualizala e dála a coñecer tamén a través de novos soportes e de creacións orixinais para que a nosa lingua teña o futuro que el desexaba”

Un video entre o documental e o videopoema con música composta por min.

Just for men

Just for men
Imaxe: Antía Otero
Música: Federico Flesfa
Letra: Masculino Singular de Carlos Negro.

” Cando Carlos Negro me propuxo facer un videopoema partindo do seu último libro, tiven claro que tería que crear un contexto. Un marco que non convertise os seus versos nun pretexto, senón no motor.
Estamos tan acostumadas a esquecer, que perdemos a posibilidade de pensar máis dunha vez sobre o mesmo. Isto foi o pensamento que nos acompañou a min e ao músico Roberto Casteleiro, quen nalgún dos seus traballos asina como Federico Flesfa:

Rober, estamos tan acostumadas a esquecer, que perdemos a posibilidade de pensar máis dunha ver sobre o mesmo. Lanzáronnos tantas veces a idea da igualdade sen crear estratexias reais de fondo, que rematou sendo burbulla….pero o peor é que cando alguén nos enuncia as realidades, como o fai este libro, as nosas cabezas sistemáticamente pensan niso como nalgo que non é novo, que xa temos escoitado. Unha opción, cando menos, estrana pola nosa parte. Un filtro falso que fai que todo siga e non mude. Precisamos un contexto. Non pode haber ilustración. Só código.
TRAP
RAP?
Non, TRAP

E comezamos o mergullo. Pasamos semanas pensando na estética swagger, na mistura do look hiphop, reggaetón e electro. A diferenciar entre o TRAP Americano do que se fai no Estado Español. O culto ás marcas, aos videoxogos, aos emoticonos, aos gifs, ao Instagram, ao Youtube, as repeticións, os cambios de ritmo.
Reivindícanse como grupos que non cren nas discográficas, asociadas para eles ao mainstream do RAP e do HipHop, e empregan as redes para chegar ao seu público: “O TRAP é a música da rúa, o día que perdamos ese contacto xa podemos sacarnos disto”-din. Un discurso que asinaríamos en canto a contracultural se refire, se non fose porque as súas letras están cargadas do mesmo subtexto ao que estamos acostumadas que suceda século tras século: cosificación, misoxinia e machismo. A memoria do peixe aparece de novo”.

( Antía Otero )

Encontro de Creadores Escénicos Transmedia

Pierre Lem
La Montaña Mágica
Desierto Real Ya!!
Molly

Esta semana teño o pracer de participar como artista no Encontro de Creadores Escénicos Transmedia.

TRANSCÉNICA é un proceso de investigación práctica sobre a temática de CAMBIO e MEMORIA,levada a cabo por 6 creadores transmedia.

O primer traballo individual que fixen foi a creación con recortes de libros e revistas estas catro imaxes que falan do Zugunruhe.

http://transcenica.tumblr.com/

https://www.youtube.com/channel/UCng2t7x1XmJgVJLU7EOoO_Q

https://www.facebook.com/transcenica

Esta semana traballaremos en grupo na Fundación Luis Seoane.

Laura Villaverde e Roi Fernandez, directores de ArtesaCía e Espacio de Colisión Artísticas Extramuros, coordinan e dan vida a este encontro.

Grazas polo convite!!

Kostia Bogomov = Celso Emilio Ferreiro + Koroiev

celso emilio ferreiro - fábula do home e do lobo

Kostia Bogomov naceu hai tres anos. Un mozo, soldado do exército ruso, intérnase nun souto a beira dun río fuxindo da guerra na cidade. Así comeza.
No interior do bosque, no máis profundo, agarda o centinela do Outro Mundo. O resto vale máis escoitalo. É unha fábula, polo tanto os actantes nesta historia son animais que falan e pensan.

Celso Emilio Ferreiro publica en 1962 “Longa noite de pedra”. Uns cantos días atrás lin o poema que aparece na fotografía, volvín a pensar en Kostia Bogomov como ese soldado que se interna no bosque. Pensei tamén nos animais que aparecían nas anteriores edición de Kostia Bogomov. O por que de aparecer e falar. Lin os poemas de “Longa noite de pedra” e establecín certas similitudes temáticas e simbólicas. Ao pouco xa estaba tentando arranxar algúns poemas para que contaran a historia de Bogomov e os animais do Outro Mundo.

Aquí van dous temas. Son os dous primeiros. Faltan outros tres (quizais máis). Son demos, grabadas a tarde do domingo, un pouco como proba para ver como sona e outra por fixar estructuras de cara o concerto do xoves día 1 con WHY GO. As veces penso que Koroiev é un demo enorme. 😛 Aínda non sei se quedarme con certos detalles. Pero creo que é un bo material para chegar a algún lado. Se queredes axudarme, contactade!! 😉

Enlace ao bandcamp:
https://koroiev.bandcamp.com/album/kostia-bogomov-demo-de-adelanto

01. O Souto do Teixugo.
02. Os Montes de Hermes o Galo
________________________________________________________________

O facebook:
https://www.facebook.com/pages/Koroiev/190667074387822?ref=hl
_______________________________________________________________

Kostia Bogomov nació hace tres años. Un joven soldado del ejército ruso , penetra en un bosque al lado de un río para escapar de la guerra en la ciudad. Así comienza .En el interior del bosque, en lo más profundo , el centinela espera el paso hacia el Otro mundo . El resto es mejor escucharlo . Es una fábula , por lo tanto los actantes en esta historia son animales que hablan y piensan .

Celso Emilio Ferreiro publicó en 1962 ” Longa noite de pedra” Hace unos días leí el poema que aparece en la fotografía , volví a pensar en Kostia Bogomov como un soldado que entra a refugiarse en el bosque. Pensé también en los animales que aparecían en la edición anterior de Kostia Bogomov . He leído los poemas de ” Longa noite de pedra” y establecí ciertas similitudes temáticas y simbólicas. Pronto me puse a tratar de arreglar algunos poemas para contar la historia que me interesaba sobre Bogomov y el Otro Mundo .

Aquí hay dos temas. Son los dos primeros. Faltan tres ( tal vez más) . Son demos, grabados un domingo por la tarde , un poco como prueba para ver cómo suena y para fijar estructuras para el concierto del jueves 1 con WHY GO . A veces pienso que Koroiev es una demo enorme. : P Todavía no sé si quedarme con ciertos detalles. Pero creo que es un buen material para llegar a alguna parte . Si quereis ayudarme , contactarme, please! 😉

Enlace a Bandcamp :
https://koroiev.bandcamp.com/album/kostia-bogomov-demo-de-adelanto

01. O Souto do Teixugo.
02. Os Montes de Hermes o Galo
____________________________________________________________________

en dos años hemos pasado de esto:

Koroiev_moradores_front

mapa del joven Kostia

a esto:

caratula-KOSTIA_2014

y lo que nos queda, querido Kostia.

Otero & Flesfa

O pasado venres 21 de febreiro estiven a facer loops para Antía Otero. Que se repita, que se repita, que se repita,…

http://www.antiaotero.com/2014/02/20/amor-e-arte/
__________________________________

“A miña moza está conectada pero non contesta aos wassaps… Nin sequera unha cariña desas que sorrín coa media boca” é unha peza de Antía Otero coa colaboración de Roberto Casteleiro

O baleiro que se crea entre frase e frase provoca buracos negros. Un espazo en off mental no que podemos imaxinar todo o que ocorre sen estar alí.
A esixencia do inmediato na comunicación a través das novas tecnoloxías xera ansiedades que enchemos con accións secundarias e improvisadas ata convertelas nas máis importantes.

Antía.- E se facemos unha banda sonora?
Roberto.-Pero ilustrando as accións con melodías?
Antía.- WTF?!!!

Este é a sinopse da peza que Antía Otero coa colaboración de Roberto Casteleiro, realizarán especialmente para o “Festival por Amor al Arte” e que será presentada o día 21 de febreiro na Atlántica Centro de Arte ás 20:00

___________________________

P1040031

P1040021

P1040013

P1040010

P1040003

P1030999

P1030994