letras

koroiev_kostia_bogomov_2014_gráfica_funda_cd

As letras na súa meirande parte son versos do poemario «Longa noite de Pedra» de Celso Emilio Ferreiro.


1. A fronteira da noite

fragmendo de «O Árbol»
«…un árbol só, un árbol
espido diante a noite,
medrando, irá medrando, irá medrando…»

fragmendo de «Fábula do home e do lobo»

«Un home saíu fuxindo da cidade en chamas
e colleu o camiño dos outeiros, nas aforas,
onde estaban os pazos dos poderosos.
Levaba dúas bombas de mau penduradas do cinto
e unha metralleta fumegante.

Correo coma un tolo até que
deixouse caír sin folgos ao pé dun salgueiro,
após de ollar cara á lonxanía,
na fronteira da noite, onde se fitaba
o resprandor do lume, semellante a un
mencer remoto e sanguiñento»

_____________________

2. O souto do teixugo

«Ay!! de min que me oscurece
Ay!!! que noite tan escura»

versos inspirados nunha cantiga asturiana que escoitei por primeira vez cando a canta un maqui no filme «El corazón del bosque» de Manuel Gutierrez Aragón.

__________________________

3. O mesmo mundo estaba alá moi lonxe

Fragmento de «Bautismo de sangue»

«Camiñar sin parar por entre o fumo
con bosques de fusiles sobre os ollos.
Por debaixo da noite(…)»

______________________

4. A pedra do galo

O rumor do mar
era puro soño

Fragmento de «O medo» do poemario «O soño asulagado»

Cando o corvo da noite se pousaba
nas derradeiras luces do solpor
os meus ollos de neno
enchíanse de bágoas e de lóstregos.

fragmento de «Fábula do home e do lobo»

«A noite fíxose sonora coma o mar»

fragmento de «Longa noite de pedra»
«O teito é de pedra.
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os corazóns dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de pedra.
I eu, morrendo
nesta longa noite
de pedra.
_________________

6. Camiña a miña noite

Fragmento de «Desterro»

«Debaixo da cidá,
a carón das cloacas,
camiña a miña noite
sin alba.
Volvoretas de outono
baixo unha chuvia maina,
¿que foi das follas murchas
que sobre min levaba?
Espello das estrelas
e das nubes que pasan,
nos regatos cantores
tolos de escumas brancas.
¿Que foi do ceo aquil,
do vento e das calandras,
dos solpores calados
dos prados e labranzas?
– Tamén eu,
irmá auga,
teño saudades
da nativa patria,
á que un día voltarei
nunha caixa.
(…)
O mar agarda.
O mar.
A noite sin alba.

Versos do poema «A sombra»

Sombra (…) encadeada,
(…) Lonxana Primavera (…)
Pregunto e non contestas, morte negra.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: