Feira Imaxinaria 2014

koroiev_feira_imjaxinaria

koroiev_feira_imaxinaria

Fin de semana extraordinario na Feira Imaxinaria 2014. Grazas a todas e todos polas aprendizaxes e as conversas. Grandes tamén os concertos de nenoescuro, gran amigo e compañeiro de pensamentos i escenarios e Rubén Artabe, de seguro novo compañeiro da viaxe musical que fai algún tempo comezou nestas latitudes. Un pracer¡¡ Pola miña parte, contentísimo, primeiro rodamento do novo disco de Koroiev con poemas de Celso Emilio Ferreiro. Toca grabalo e difundilo, que esta viaxe as profundidades do bosque ten que resoar un pouco polo país adiante.

Por certo, facía tempo que quería visitar o Alg-a Lab en Valadares. Esta foi unha ocasión perfecta. Foi un fin de semana estupendo para min e para Koroiev, que fixo un concerto moi potente e poético.

http://feira.imaxinaria.org/

Koroiev na Feira Imaxinaria !!

http://feira.imaxinaria.org/programa/

Koroiev estará as 0:00 h. do sábado 30 actuando na Feira Imaxinaria 2014 no Alg-a Laboratorio en Valadares.
Aproveito para dicir que este concerto será a primeira vez que interpretarei en directo o Kostia Bogomov enteiro na súa versión de 2014.
Aproximadamente unha hora, catro temas cantados en galego. As letras son fragmentos escollidos do poemario «Longa Noite de Pedra» de Celso Emilio Ferreiro. Un cambio de rumbo respecto ao anterior que me achega máis a idea inicial da historia de Kostia, que me achega máis a onde penso que pode estar a música de Koroiev e que cerra unha etapa para poder abrirme ao futuro deste proxecto.

«Kostia Bogomov, un xove soldado ruso que loita no bando da república, foxe polo camiño dos outeiros lonxe da cidade en chamas. Corre sen folgos cara a profundidade do souto. Polos carreiros ateigados de arbores, na negrura da noite, o encontro cun teixugo e un galo ábrelle o paso cara o Outro Mundo. A maña abre as súas portas, Bogomov recorre outra vez os carreiros. A cidade fala a dor do noso tempo. Bogomov non pode tornar atrás. O souto agarda co seu manto de follas murchas»