Federico Flesfa na Corte dos Bois!!
Grazas a Xaime da Corte dos Bois polo excelente trato. Grazas a nenoescuro por continuar cerimoniosamente a noite musicada. Grazas a L. por enredar co retroproxector. Grazas a yamaha por inventar o portasound, un trebello que cambiou o son de fererico flesfa. Grazas xente. Foi unha noite moi linda e falangueira.
https://www.facebook.com/pages/Federico-Flesfa/128800970624332
Concerto de Nenoescuro + Federico Flesfa / 28 de xuño / A Corte dos Bois (Ourense)
nenoescuro
Fragmentos do desterro
Músico, artista sonoro e videocreador, nenoescuro investiga no lado sombra do son, na suspensión da conciencia ordinaria a través de abismos perceptivos, integrando sons primarios, instrumentación analóxica e síntese electrónica nunha sonoridade de estraña raíz e difícil ubicación que se entrelaza con atmósferas visuais conformando un ámbito intermedial de exploración entre o lírico e o narrativo.
Fragmentos do desterro é un canto desde o umbral, un camiñar incerto no territorio liamiar onde o humano se dilúe nesa presenza impersoal, sen nome, que habita o mundo.
vimeo.com/nenoescuro
________________________________________________________________-
Federico Flesfa
Enxeñeiro-poeta creador do “brico-trance”, xénero musical de construcción en vivo de loops que mixtura cotidianeidade low-fi, alta tecnoloxía musical e algún camiño inexplorado. Federico Flesfa tamén é un heterónimo do educador social e músico Roberto Casteleiro (Koroiev, Fagot y Popota, Krkt, Primrose)
https://www.facebook.com/profile.php?id=128800970624332&fref=ts