🙂 🙂 🙂 🙂 🙂 🙂 🙂
Álex Casanova + Korokati
O Mercado Street Food é unha parada obrigada en Lugo. Cómese ben, estupendamente ben, e dinamizan o mercado tradicional con concertos en sesión vermú. Paseino xenial, foi un concerto moi agradable e luminoso, público atento e xente amiga. Álex é un amor de persoa, xa fai anos que nos coñecemos e gustoume moito chegar a coincidir de novo. Un día dez!!
https://www.facebook.com/omercadosf?fref=ts
Álex Casanova + Korokati no Mercado Street Food de Lugo
o sábado 12 de xaneiro estarei con Alex Casanova no Mercado Street Food
A última vez que toquei con Álex foi na Sala Karma con Fagot y Popota. Mola que os escenarios nos xunten de novo.
Esta vez tócalle a Korokati poñer os sintetizadores metafísicos e os vocoders de amplio espectro. «Super MaA 3» unha vez máis sale ao directo.
Primeiro bolo do ano nun horario especial: 14:00 h.
Xenial!!!