Manuel María. De oficio poeta

Este ano tiven a incrible oportunidade de participar como músico en accións e actos que reivindicaron a figura de Manuel María.

http://www.manuelmariasomosnos.gal/

«Manuel María é un dos poetas máis importantes da literatura galega contemporánea e un referente para as xeracións máis novas. Tamén libreiro e editor, foi persoa comprometida co noso país, lingüística, cultural, social e politicamente.
A mellor maneira de celebrar a súa obra é actualizala e dála a coñecer tamén a través de novos soportes e de creacións orixinais para que a nosa lingua teña o futuro que el desexaba»

Un video entre o documental e o videopoema con música composta por min.

Just for men

Just for men
Imaxe: Antía Otero
Música: Federico Flesfa
Letra: Masculino Singular de Carlos Negro.

» Cando Carlos Negro me propuxo facer un videopoema partindo do seu último libro, tiven claro que tería que crear un contexto. Un marco que non convertise os seus versos nun pretexto, senón no motor.
Estamos tan acostumadas a esquecer, que perdemos a posibilidade de pensar máis dunha vez sobre o mesmo. Isto foi o pensamento que nos acompañou a min e ao músico Roberto Casteleiro, quen nalgún dos seus traballos asina como Federico Flesfa:

Rober, estamos tan acostumadas a esquecer, que perdemos a posibilidade de pensar máis dunha ver sobre o mesmo. Lanzáronnos tantas veces a idea da igualdade sen crear estratexias reais de fondo, que rematou sendo burbulla….pero o peor é que cando alguén nos enuncia as realidades, como o fai este libro, as nosas cabezas sistemáticamente pensan niso como nalgo que non é novo, que xa temos escoitado. Unha opción, cando menos, estrana pola nosa parte. Un filtro falso que fai que todo siga e non mude. Precisamos un contexto. Non pode haber ilustración. Só código.
TRAP
RAP?
Non, TRAP

E comezamos o mergullo. Pasamos semanas pensando na estética swagger, na mistura do look hiphop, reggaetón e electro. A diferenciar entre o TRAP Americano do que se fai no Estado Español. O culto ás marcas, aos videoxogos, aos emoticonos, aos gifs, ao Instagram, ao Youtube, as repeticións, os cambios de ritmo.
Reivindícanse como grupos que non cren nas discográficas, asociadas para eles ao mainstream do RAP e do HipHop, e empregan as redes para chegar ao seu público: “O TRAP é a música da rúa, o día que perdamos ese contacto xa podemos sacarnos disto”-din. Un discurso que asinaríamos en canto a contracultural se refire, se non fose porque as súas letras están cargadas do mesmo subtexto ao que estamos acostumadas que suceda século tras século: cosificación, misoxinia e machismo. A memoria do peixe aparece de novo».

( Antía Otero )

Otero & Flesfa

O pasado venres 21 de febreiro estiven a facer loops para Antía Otero. Que se repita, que se repita, que se repita,…

http://www.antiaotero.com/2014/02/20/amor-e-arte/
__________________________________

“A miña moza está conectada pero non contesta aos wassaps… Nin sequera unha cariña desas que sorrín coa media boca” é unha peza de Antía Otero coa colaboración de Roberto Casteleiro

O baleiro que se crea entre frase e frase provoca buracos negros. Un espazo en off mental no que podemos imaxinar todo o que ocorre sen estar alí.
A esixencia do inmediato na comunicación a través das novas tecnoloxías xera ansiedades que enchemos con accións secundarias e improvisadas ata convertelas nas máis importantes.

Antía.- E se facemos unha banda sonora?
Roberto.-Pero ilustrando as accións con melodías?
Antía.- WTF?!!!

Este é a sinopse da peza que Antía Otero coa colaboración de Roberto Casteleiro, realizarán especialmente para o “Festival por Amor al Arte” e que será presentada o día 21 de febreiro na Atlántica Centro de Arte ás 20:00

___________________________

P1040031

P1040021

P1040013

P1040010

P1040003

P1030999

P1030994